Imaxe: Ricardo Liniers Siri

sábado, 30 de maio de 2015

ESCOLA DE OCIO E TEMPO LIBRE DE VERÁN DO CONCELLO DE RIBADUMIA

ÁBRESE O PRAZO PARA A ESCOLA DE OCIO E TEMPO LIBRE DE VERÁN

25.05.2015

O Concello de Ribadumia, a través da Concellería de Servizos Sociais, abre o prazo para matricularse na Escola de Ocio e Tempo Libre de verán. As inscricións pódense facer dende o 1 ó 15 de xuño nas oficinas municipais.


Para poder participar neste programa, os nenos deben ter tres anos coma mínimo e estar empadroados no Concello de Ribadumia, ó igual que a nai e o pai, e que os dous estean traballando.  
A Escola, que funciona durante todo o ano, desenvolverase nos meses de verán e horario de mañá, de 8:00 a 14:00 horas nas instalacións da Casa da Cultura de Ribadumia.  
As actividades comezarán a partir do 29 de xuño e os rapaces poderán disfrutar de xornadas lúdicas, talleres e xogos organizados polos monitores. Este progrma pioneiro no Salnés ten cada vez máis participación nos meses de verán xa que funciona como vía de axuda para que os pais poidan conciliar os seus horarios coas vacacións dos seus fillos.

DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR:
- Copia DNI pai/nai
- DNI fillo/a 
- Certificado de convivencia de familia
- Copia dos contratos laborais ou xustificante de traballo 
- Número de conta bancaria 

Ningún comentario:

Publicar un comentario