Imaxe: Ricardo Liniers Siri

xoves, 22 de xaneiro de 2015

A CAIXA DE BICOS



Este ano imos celebrar o Día da Paz (30 de xaneiro) cunha chea de bicos. Despois de ler o conto de Antonia Ródenas ilustrado por Carme Solé Vendrell:  Unha manchea de bicos, aprendimos que os bicos teñen moitos poderes, igual que os superheroes que tanto nos gustan. Os bicos poden curar, poden poñer un sorriso nunha cara triste, poden frenar as bágoas, poden acariñar... E ademais os bicos teñen sabores: hainos que saben a limón, a leituga e mesmo a cocacola! (cadaquén elixiu o sabor que máis lle gustou) A quen non lle gustaría ter unha caixiña chea de bicos máxicos?!! Pois aí andamos, traballando nas nosas caixas de bicos. Imos adornar as caixiñas cun collage de papeis charón de moitas cores e picar con moito agarimo os nosos bicos para despois repartilos cos nosos amigos e amigas do cole e así conseguir bicos de todas as cores e sabores. Mirade que atarefados...




Ningún comentario:

Publicar un comentario