Imaxe: Ricardo Liniers Siri

venres, 30 de xaneiro de 2015

30 DE XANEIRO: DÍA DA PAZ

Hoxe 30 de xaneiro, Día da paz, levamos para a casa a guía de lectura coa que estamos traballando neste momento na escola: contos de bicos. Na parede da aula temos unha guía pegada e imos marcando cun corazón os que imos lendo. 
Por certo, lembrades a caixa de bicos que estamos preparando? Pois estanos dando moito traballiño e aínda non está rematada. Pouco a pouco fomos picando os bicos e decorando as caixiñas coa técnica do collage. Logo a profe Rosana axudounos a escribir na pizarra dixital os sabores que eliximos cada un e a profe imprimiunos moitas veces (tantas como bicos). Escribimos o noso nome en cada bico que picamos e pegamos por detrás un papeliño co sabor. Nun dos bicos escribimos: Caixa de bicos e pegámolo na tapa da caixiña. Tamén fixemos un libro que vai formar parte da nosa biblioteca: O libro dos bicos, co que poderemos xogar cando queiramos. Pero agora queda a parte máis importante: o reparto dos bicos, que só poderemos facer cando todos e todas teñamos listas as nosas caixas con todos os bicos preparados para ser repartidos. En canto o teñamos... levaremos as nosas caixiñas para casa e poderemos compartilos coas nosas familias. Non sabedes que ganas...





Ningún comentario:

Publicar un comentario