Hoxe chegaron as primeiras aportacións do recuncho da selva amazónica: unha figura con dous papagaios, que trouxo Lara, e un caimán de xoguete que trouxo Toni. Ademais Félix mandounos información sobre os papagaios que lemos e colgamos no corcho. O caimán de Toni, con todos eses dentes e a boca aberta, quixo morder os dedos de máis de un! Moitas grazas ás familias pola vosa colaboración.
Ningún comentario:
Publicar un comentario