Imaxe: Ricardo Liniers Siri

martes, 30 de setembro de 2014

INVESTIGANDO SOBRE A SELVA AMAZÓNICA


A semana pasada comezamos a nosa investigación sobre a selva amazónica. No mapamundi do cole buscamos onde está situada e na nosa biblioteca de aula atopamos un libro: PEQUECHOS DAS SELVAS, cos que soubemos que no planeta hai varias selvas e que os animais que viven nunha selva non viven noutra. Dos animais que aparecían neste libro, os que viven na selva do Amazonas son: o xaguar, o tapir e o preguiceiro. E hoxe en Leiro ollamos os libros que falaban das selvas e aprendimos que están colocados no andel do número 5, que trata da natureza: animais, plantas, medioambiente... e a súa pegatina é de cor verde.






Ningún comentario:

Publicar un comentario