Os científicos están preocupados porque cada ano a temperatura no Ártico aumenta e cada verán o xeo derrétese máis e máis. Os osos polares necesitan o xeo para sobrevivir, e tamén nós, xa que a Terra necesita o xeo do Ártico para manterse fresca.
¿Por qué se quenta a Terra? Hai demasiado dióxido de carbono na mestura de gases de efecto invernadoiro (xa comprobamos o martes pasado no invernadoiro de Leiro que calor facía dentro!!) que envolve a Terra e retén a calor do sol.
Robert E. Wells explícanos neste libro, que a profe trouxo da biblioteca de Vilagarcía, por qué chegamos a esta situación e qué podemos facer para non usar tanta electricidad e saber como mellorar o planeta coas nosas accións.
Na páxina da Editorial Juventud, podedes ver moitas das páxinas do libro. Tamén vos deixamos un poema que aprendimos sobre este tema: Que triste está el osito polar...
Ningún comentario:
Publicar un comentario