Hoxe celebramos o día do libro dun xeito moi especial. Despois do recreo chegaron Montse e Jose cargadiños de sorpresas: disfraces, títeres, contos, guitarra eléctrica e cancións... que fixeron as delicias de todo o público. Carapuchiña vermella e o lobo fixéronlle comer as unllas a máis de un. O ogro dos Chibos chibóns provocou o enfado de moitos (como se atreve a querer comer aos nosos amigos!!??) e a guitarra de Jose puxo o punto rockeiro ao reparto dos marcapáxinas cos que nos agasallou Montse para que nos animemos a ser cada día máis e mellores lectores e lectoras. Moitísimas grazas por facernos pasar unha mañá tan divertida e por preparar con tanto agarimo a sorpresa do día do libro!! Sodes os mellores!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario