Imaxe: Ricardo Liniers Siri

sábado, 22 de febreiro de 2014

LEMOS E ESCRIBIMOS COS FOLLETOS DE PUBLICIDADE DO SÚPER

 
O venres  os maiores empregamos folletos do súper para facer unha actividade que nos gustou moito. Primeiro a profe escribiu seis palabras diferentes para cada un nun papel e nós tiñamos que lelas e buscar no folleto do súper a foto correspondente para pegala debaixo. Na segunda parte da actividade, escollemos as fotos que máis nos gustaron do folleto, recortámolas, pegámolas nun folio e tentamos poñer soíños o nome de cada unha debaixo. Pouco a pouco imos lendo e escribindo cada vez mellor. Algún dixo que lle ía dicir a súa mamá que o podían facer na casa. Claro que si! Seguro que o facedes moi ben!

Ningún comentario:

Publicar un comentario