Hoxe celebramos en Leiro a festa de Entroido. Ao longo do primeiro trimestre estivemos traballando Xapón e decidimos que os disfraces ían ser relacionados con algo que nos gustase moito de todo o que aprendimos sobre este país. Na nosa escola quedamos abraiados coas carpas Koi: a súa lenda, a multitude de cores que poden ter, as que trouxo a profe Ana para o estanque de Leiro...así que decidimos disfrazarnos de carpas. Levounos moito traballo facer as escamas para o traxe e tamén o sombreiro pero o resultado mereceu a pena (non tedes máis que ver canto paparazzi no desfile!). Moitas grazas ás familias dos nenos e nenas de 3 anos, que foron as que fixeron a merenda. Filloas, orellas, rosquillas, flores de Entroido, biscoitos...todo estaba boísimo!! Aquí vos deixamos as fotos. Felices vacacións de Entroido e vémonos á volta, o xoves 6 de marzo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario