Imaxe: Ricardo Liniers Siri

martes, 23 de outubro de 2012

GUÍA DE USUARIOS DA BIBLIOTECA

Como xa sabedes, este curso temos biblioteca nova na sede do CRA, en Leiro. Logo das obras do verán, atopámonos cunha biblioteca máis ampla e máis bonita onde podemos disfrutar lendo calquera dos centos de contos que con tanto agarimo coida ZAPATOCAS para que nós podamos mergullarnos nas súas historias e levalos en empréstito á casa para compartilos coas nosas familias.

Co gallo do Día da Biblioteca, que se celebra o 24 de outubro, hoxe co libro que levamos á casa atoparemos un tríptico: GUÍA DO USUARIO, co que o equipo de biblioteca pretende dar a coñecer ás nosas familias o funcionamento da nosa biblioteca e do servizo de empréstito. Todos os fondos cos que conta están á vosa disposición. Non dubidedes en facer uso deste servizo e desfrutade moito lendo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario