Imaxe: Ricardo Liniers Siri

mércores, 24 de outubro de 2012

DÍA DA BIBLIOTECA


Era unha vez unha meniña á que lle gustaba moito mirar a lúa polas noites. Únha noite de lúa chea  pensou que había moitas cousas que non sabía da lúa: por que un día ten forma de queixo e outro de plátano? Podo tocala se subo a unha escada moi alta? A que saberá a lúa?...
E como podía aprender todo iso da lúa? Ela tiña libros e contos que falaban da lúa. Pois claro! Nos libros! E onde había moitos libros? Na biblioteca!! E alí atopou canta información podía imaxinar sobre a lúa: nos libros, nos xornais, nos ordenadores de consulta,... E desde aquel día a biblioteca convertiuse nun dos seus lugares favoritos, onde os seus amigos os libros agardaban impacientes compartir as súas marabillosas historias con ela.

Hoxe colgamos este cartel na nosa biblioteca do cole. Co convencemento de que a biblioteca é un lugar onde disfrutar na boa compañía dun libro, onde abraiarnos coas historias que contan, onde aprender e onde descubrir e conquistar novos horizontes.

Feliz Día da biblioteca!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario