Luciana acadou a súa coroa de Raíña Comefroitas do mes de maio. Parabéns, Luci!
Imaxe: Ricardo Liniers Siri
mércores, 25 de maio de 2022
LOS LUNARES DE LOLA
Hai tempo que non chove. O Señor Paraugas soña con volver abrirse paseando con Lola pola beiriña do mar así que os lunares de cores deciden aventurarse e buscar unha solución. Unha historia de amizade e puntos de cores.
A FANTASMA DA ILLA DE CORTEGADA
Contan, din...que na Ila de Cortegada hai unha fantasma que se pode ver cando cruzas a pé polo Camiño do Carro. A brava mariscadora Maruxa cruzou un día e coñeceuna!
luns, 23 de maio de 2022
sábado, 21 de maio de 2022
GAÑADORES DO CONCURSO BATALLA DE PEIXES 2021!
Un ano despois chegounos a confirmación: somos os gañadores do Concurso Batalla de Peixes 2021, enmarcado dentro do Plan Proxecta da Consellería, na modalidade Aliméntate Ben: Ti si que es Bo Peixe. Aquí vos deixamos o vídeo Peixeamos?. Tamén podedes velo neste enlace. Ben se nota canto medramos! Parabéns!
QUE VEÑEN OS PIRATAS!
A profe Rebe atopou, nun dos seus paseos, unha botella no río Umia. E como ela coida moito o medio ambiente, cando a recolleu para botala ao lixo...sorpresa! Dentro tiña un pergamino! A Capitana Cortegadilla pedía axuda para atopar a súa tripulación desaparecida e tamén o loro Refunfuñón! Sen eles non ía poder seguir defendendo a Illa de Cortegada contra os piratas Contaminación.
Para prepararnos para aventura, que mellor que un baile pirata. Comeza a travesía!
Co noso parche de pirata, axiña nos puxemos a buscar. Adiviñas, pistas, probas... Todo para conseguir rescatar a tripulación secuestrada!
E conseguimos rescatala! Mesmo o loro Refunfuñón apareceu! A Capitana Cortegadilla mandounos un vídeo de agradecemento e convidounos a visitala na súa Illa de Cortegada o vindeiro martes! Se o tempo o permite, alí estaremos!
.jpeg)


.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)





.jpeg)


.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)

.jpeg)

.jpeg)



