Imaxe: Ricardo Liniers Siri
mércores, 16 de marzo de 2022
QUEIXOS FRANCESES
PETISCOS DE FROITA
Hoxe os Comefroitas puxéronse as botas! Canta variedade! Amorodos, pera, mazá, kiwi, laranxa, banana, uvas...
luns, 14 de marzo de 2022
UN CONTO DE ENTROIDO: O CALAMAR BUSCA A SÚA FAMILIA
O noso conto de Entroido deste ano chega cun pouco de retraso pero con moitas ganas de compartilo con vós. Escaneando os códigos QR que aparecen descubriredes cancións sorpresa. Esperamos que vos guste!
OBRADOIRO FAI CLIC AO TEU BOCATA
Hoxe visitáronnos Mar, Roi e o seu chef especialista en bocatas de lata para contarnos os beneficios de comer peixe en conserva. Ademais, coñecimos de primeira man o funcionamento dunha batea de mexillóns, vimos un polbo camuflándose no fondo do mar, a pesca do atún con cana e coa técnica da almadraba e como un mergullador collía navallas. Aprendimos unha chea e merendamos un bocata de sardiñas con queixo, tomate e leituga en pan fresquiño. Que máis se pode pedir? Bo proveito!
sábado, 12 de marzo de 2022
SALÓN DO LIBRO 2022: CON MOITA ARTE
O Salón do Libro abre as súas portas en Pontevedra un ano máis baixo o título: Con moita arte. Picando na imaxe podedes acceder á programación.
venres, 11 de marzo de 2022
MULLERES DO MAR
No Faro de Vigo vimos unha galería de fotos: As fillas do mar. Mulleres que se dedican a vivir por e polo mar: redeiras, percebeiras e mariscadoras. Mulleres que quixemos coñecer e darlles visibilidade facendo un póster onde aparecen realizando as súas tarefas e as súas ferramentas de traballo.
| Monumento ás Redeiras diante da Lonxa da Coruña |