Aproveitando que a publicidade do supermercado tiña un especial de queixos franceses, aprendimos que Francia é un país con moitísima variedade de queixos. De vaca ou de cabra, con formas de flor, de bóla, de rulo, de cuña, duros ou brandos. E que podemos tomalos acompañados de froitas, froitos secos, diferentes tipos de pans, mel...
Recortamos a fotografía do mapa de Francia e situamos París. Tamén unha fotografía na que saían a Torre Eiffel, o río Sena e os bateax mouches. E na táboa de queixos cadaquén escolleu algo para acompañalos e elaboramos un menú digno de calquera restaurante francés.
Ningún comentario:
Publicar un comentario