Imaxe: Ricardo Liniers Siri

mércores, 13 de febreiro de 2019

BOS AMORES


Bos Amores é o poema que eliximos na nosa aula para traballar e facer un mural para a biblioteca no Día de Rosalía que se celebrará o vindeiro 24 de febreiro. Un fragmento deste poema de Follas Novas fíxonos pensar...
Despois de lelo e falar sobre o que di, todos tivemos claro cales son os bos amores (os que se queren, os que se axudan, coidar a miña irmanciña...), quen nos dá bos amores (os amigos, mamá, papá, avoa...) e que nos traen os bos amores (bicos, apertas...)
Busquemos os bos amores e sexamos bos amores para quen está ao noso lado.









A FADA DAS CAMELIAS








luns, 11 de febreiro de 2019

SUPERAVÓS E SUPERAVOAS NAS NOTICIAS

Nesta entrada imos ir recollendo noticias que aparecen na prensa e que falan de superavós e superavoas. Picade nelas para ir á noticia completa. Se vedes algunha que non apareza e sexa interesante, mandádenos o enlace!

























O LIBRO DAS SUPERAVOAS E OS SUPERAVÓS

A profe Ana puxo en marcha o pasado martes un libro viaxeiro no que os protagonistas van ser os nosos avós e avoas. Aquí podedes ler en que consiste e por que queremos darlle aos avós e avoas a importancia que merecen.


11 FEBREIRO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Con Marie Curie, da colección Pequeña&Grande da Editorial ALBA coñecemos a historia desta magnífica científica gañadora de dous Premios Nobel.