Imaxe: Ricardo Liniers Siri

luns, 23 de outubro de 2017

CINCO

Cinco é outro conto da colección Do berce á lúa, ilustrado por Óscar Villán. Xa coñecemos a Lúa, a Sol, e agora toca coñecer a outros personaxes...














A FAMILIA DE SABELA E A MIÑA FAMILIA


Xa coñecemos a familia de Sabela. E hoxe debuxamos a nosa familia, a que tanto queremos e que nos quere. Mirade a ver se vos recoñecedes!













O SEGREDO DO FAIADO


Sabela comezou a investigar pola casa dos avós un día de treboada que non podía saír afora a xogar. Descubriu unhas escaleiras que levaban ao faiado. E alí no faiado, metidas nun baúl, unha zocas e unha carta do bisavó Sólfido...

SERES MITOLÓXICOS GALEGOS: A XACIA

A xacia Luviñas de Anxo Moure chora cando os ríos están contaminados polo lixo, cando hai guerras e cando arden os montes e as árbores. A semana pasada a xacia Luviñas chorou moito cando arderon os nosos montes. Nós vimos as imaxes na televisión, escoitamos os comentarios nas nosas casas e no cole vimos as fotos que saían na prensa. Falamos das caras de tristura da xente que aparecía nas fotos, caras de preocupación e mesmo de enfado. Falamos das cadeas humanas de xente para loitar contra o lume que se achegaba ás súas casas, dos bombeiros, da policía... E comprometímonos a ser cortalumes, a ser responsables e coidar o monte para contribuír a que isto non suceda nunca máis e a xacia Luviñas volte a estar contenta.




xoves, 19 de outubro de 2017

O MEU SER MITOLÓXICO PREFERIDO É...


Da man de Tilirín, do escritor Héitor Picallo, coñecimos unha chea de seres mitolóxicos galegos. Cada un de nós ten os seus preferidos pero queremos coñecer moitos máis. Por iso vos propoñemos que nas vosas casas e con axuda das vosas familias busquedes o voso ser mitolóxico preferido e traiades un debuxo ou unha imaxe e algo de información para compartir no cole. Seguro que entre todos aprendemos moito!

Deixámosvos algún enlace onde podedes atopar información:

http://gorinho.gl/2014/cocon_14.htm

https://issuu.com/ceiprebordans/docs/seres_mitol_xicos

https://listas.20minutos.es/lista/criaturas-sobrenaturales-seres-y-animales-mitologicos-gallegos-318631/

http://rz100arte.com/mitologia-ninos-15-monstruos-mitologicos-acercar-la-mitologia-griega-los-mas-jovenes/

https://cuentos-infantiles.idoneos.com/cuentos_mitologicos/seres_mitologicos/

Xa están chegando de volta os nosos seres mitolóxicos favoritos!















QUE VÉN O TRASNO!

Cando chega a noitiña, os trasnos veñen mirar se estamos durmidos e entran na cociña a buscar unha lambetada ou un doce para comer. Se non queredes levar sorpresas pola mañá e atopar a caixa de galletas baleira, podedes deixar unha cunca ou un prato con sementes ou legumes enriba da mesa. Como os trasnos son moi curiosos van ir mirar o que hai e vanse poñer a contalos. A cousa é que só saben contar ata 10 e inda por riba, teñen un burato na súa man esquerda e cada vez que contan unha cousa, cáelles polo burato e así non acaban nunca e chega o día, marchando axiña sen comer as galletas.




Todos a durmir, que é de noite...



A trasniña Alba entra na cociña da casa e atopa unhas fabas. Conta ata dez, dálle o día e ten que marchar!

O trasno Víctor contando macarróns


A trasniña Elisa contando fideuá



O trasniño Joel contando lentellas













sábado, 14 de outubro de 2017

XOGANDO COS NOSOS NOMES

Esta semana estreamos un xogo novo para aprender os nosos nomes e os dos compañeiros e compañeiras da clase. Podemos poñer o noso nome, o dun compañeiro, completar o xogo co nome dun compañeiro que comeza/remata por unha letra determinada, completar o xogo cun nome que teña 5/4/3.., letras, completar o xogo co nome dun compañeiro que comece pola mesma letra que o meu... Infinidade de posibilidades!