Imaxe: Ricardo Liniers Siri

xoves, 9 de decembro de 2021

UN RENO IMPOSTOR

 O conto de Nadal de hoxe fálanos dunha cebra que se disfrazou de reno para poder acompañar a Papá Noel a repartir os agasallos. Cando Papá Noel a descubriu decidiu que cada ano ía agasallar a un animal diferente a un reno a posibilidade de tirar da zorra e vivir unha noite máxica. Cadaquén decidiu a que animal lle tocaba este ano. Mirade canta variedade!




GALAXIAS

 



venres, 3 de decembro de 2021

BAIXO O MESMO PARAUGAS

O 3 de decembro celébrase o Día internacional das persoas con discapacidade. Un ano máis quixemos sumarnos á iniciativa "Baixo o mesmo paraugas" abrindo os nosos paraugas e escribindo unha frase positiva para darlle apoio e visibilidade ás persoas con discapacidade. Moitas grazas a todas as familias pola vosa participación!

Tamén limos o conto Os meus amigos especiais e coñecimos un neno que é un fenómeno xogando ao baloncesto en cadeira de rodas. A maioría non sabiamos que se podía xogar ao baloncesto en cadeira de rodas e buscamos un vídeo onde vimos varios equipos en acción. Quedamos impresionados coa forza que fan cos brazos para empurrar a cadeira, coas regras do xogo adaptadas á situación dos xogadores, como teñen que amarrar a cadeira ás pernas, as caídas que sofren, a velocidade coa que se desprazan, as canastas que meten...



Baixo o mesmo paraugas
construindo un mundo mellor
e sobre todo con respecto.

Los libros,
las mentes
y los paraguas
solo sirven si se abren.

Baixo o mesmo paraugas
por un mundo sen barreiras.

Abro o meu paraugas
para que se refuxie nel 
todo aquel que o precise.




SOFÍA FAI 4

 Mañá Sofía está de aniversario e hoxe acompañámola nas súas 4 voltas ao redor do sol. Parabéns, Sofía! Canto medraches!





LA NAVIDAD MARCIANA

 No conto de hoxe Pedro viaxa a Marte e cóntalles aos Glups! como se celebra o Nadal na Terra. Viaxou realmente o foi un soño? 








xoves, 2 de decembro de 2021

A BUFANDA DE DONFRÍO

 O conto de Nadal de hoxe falaba de Don Frío, un boneco de neve que tiña moito frío, e dunha avoa que lle puxo a súa bufanda de cores para que se sentira mellor. Fixemos a Don Frío entre folerpas de neve sen esquecer a súa bufanda de cores.












mércores, 1 de decembro de 2021

CHEGOU DECEMBRO!

 E con el o Nadal á nosa aula. Apareceu unha árbore con bastóns de caramelo e un calendario cheo de chocolatinas e contos. Hoxe tocou ler a historia dun vello reloxo que despois de toda unha vida nunha casa comezou a atrasar e decidiron botalo ao lixo. Unha familia que pasaba por alí decidiu levalo para á súa casa e con el tomaron as 12 uvas de fin de ano. 

Falamos de que as cousas hai que tentar arranxalas antes de tiralas, de avós que arranxan xoguetes e de darlle segundas oportunidades a obxectos que ao mellor outras persoas desbotan.



A profe Ángeles da escola de Leiro deixounos uns reloxos que tiña na súa casa gardados e que nos gustaron moitísimo. Un deles é redondo e moi grande e serviunos para xogar cos números. O outro é unha obra de arte con só catro números romanos (o XII, o III, o VI e o IX) e que pesa moito máis do que parece. Comprobámolo tentando levantalo!

Rematamos a sesión poñendo os números romanos do 1 ao 12 con escarvadentes ao redor do reloxo grande.