Comefroitas # 7 de Dana e Adriana (3 froitas)
Imaxe: Ricardo Liniers Siri
luns, 27 de abril de 2020
venres, 24 de abril de 2020
IMOS PODER SAÍR
Este domingo 26 de abril imos poder saír da casa para dar un paseo por primeira vez desde hai moito tempo (máis dun mes!). Vai ser un día moi especial no que o sentidiño ten que estar presente máis que nunca. Oso Goloso e a súa familia queren darvos unhas recomendacións (picade na imaxe para poder lelas)
Como vai ser un día cheo de emocións, convídovos a compartir como vos sentíchedes e a encher o blog coas fotos que fagades pola rúa: xogando, con quen vos acompañe (irmáns, papá, mamá...), se vedes algo especial que vos chamou a atención (unha flor, unha árbore de primavera, un insecto, o mar, a praia, tendas pechadas...). Seguro que tedes moitas ganas de saír!
![]() |
| Fonte: Carmen Esteban @mipsicologainfantil |
GIANNI RODARI NA CASA O VENRES
Rematando a entrega de contacontos na Semana do Libro. O venres, a profe Montse presenta...
Moitas grazas, profe Montse polo teu traballo, feito con tanto agarimo! Gustáronnos moito os teus contos!
xoves, 23 de abril de 2020
ZAPATOCAS E O DÍA DO LIBRO
Hoxe celebramos o Día do Libro, un día que fai moi feliz a Zapatocas, a mascota da nosa biblioteca. El tiña preparada unha pequena festa cos libros que quería compartir con nós. Como non podemos ir ao cole, mándanos un recado. Queredes escoitalo? Picade aquí.
O libro que temos prestado da biblioteca do cole! Si, o da bolsa vermella! Onde andará? Temos que buscalo pola casa e facernos unha foto con el aberto, como aparece na ilustración de arriba.
A profe xa mandou a súa foto co Libro de Gloria Fuertes para niñas y niños e quere compartir unha páxina con vós na que aparece un poema que se titula: Don Libro está helado. Queredes escoitalo? Picade aquí.
E agora xa sabemos que para que os libros non teñan frío, temos que lelos. E que mellor forma de celebrar o Día do Libro que lendo. Felices lecturas e Feliz Día do Libro!
Don Caballito de mar está na casa de Lía![]() |
| A eiruga larpeira está na casa de Leo |
![]() |
| O parruliño feo está na casa de Marta |
![]() |
| A mochila viaxeira chea de contos está na casa de Dana e Adriana |
GIANNI RODARI NA CASA O DÍA DO LIBRO
Que conto terá a profe Montse preparado para un día tan especial?
XOGUETES RECICLADOS
![]() |
|
|
Ao longo destes días, a imaxinación está traballa que traballa e non paramos de crear. Os 3R: Reciclar, Reutilizar e Reducir aparecen nos xoguetes e xogos que inventamos con material de refugallo. Queredes ver que chuladas? Mirade, mirade...
![]() |
| Coche de Martín |
![]() |
| Foguete, coche e prismáticos de Martín |
![]() |
| As ás de cartón de Mateo |
![]() |
| Mateo e as súas ás de cartón |
mércores, 22 de abril de 2020
NOVOS COMEFROITAS DIVERTIDOS
Seguen chegando Comefroitas divertidos para o xogo das adiviñas. Nalgún hai que poñer a traballar moito a cabeciña porque as froitas están moi agachadas! Están todos xenial!
Comefroitas #4 de Marta (3 froitas)
Comefroitas #5 de Joel (3 froitas)
Comefroitas #6 de Joel (3 froitas)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
















