Imaxe: Ricardo Liniers Siri

martes, 12 de marzo de 2019

MARZO: PRIMAVERA E POESÍA

Pois case sen darnos conta estamos a mediados do mes de marzo. A primavera está a piques de comezar! O día 21 de marzo celébrase o día da poesía e nós ímolo celebrar agasallando un poema de Manuel María a uns amigos e amigas. Como imos facer? Xa vos iremos contando...


Neste enlace podedes ler o poema de Manuel María e escoitalo musicado por Suso Vaamonde.





A carta xa chegou ao seu destino. E sabedes que? A carteira díxolles que era a carta máis bonita que entregara en toda a súa vida. 21 de marzo de 2019: feliz Día da poesía!

E aos poucos días recibimos contestación! Que ilusión, que ilusión! Nun sobre decorado con corazóns, árbores e flores, viña unha postal con outra poesía preciosa: O río, de Manuel María. Pola parte de atrás os nenos e nenas escribiron os seus nomes e gustounos moitísimo comprobar que varios se chamaban coma algún de nós!


Contamos os versos do poema e sabedes cantos son? Unha ducia, coma nós! Imos tentar aprendelo porque fala dun río, que ben pode ser o Umia. A ver que se nos ocorre...



luns, 11 de marzo de 2019

DRACO, ANDREIA, IRIS E A EMPATÍA




Hoxe xogamos con Draco, Andreia e Iris a descubrir o que temos en común cos nosos compañeiros e compañeiras e a aprender a respectar o que é diferente. Non tiñamos follas de nenúfar pero si folios de cores como o arco da vella de Iris. Cada un tiña varios papeliños da súa cor. Nun deles escribimos algo que nos gustase: estar cos amigos e amigas, comer, bailar, dar bicos e cantar. E por quendas fomos colocando un papeliño da nosa cor ao lado se tamén nos gustaba ou pasábamos se non nos gustaba e podíamos dar unha explicación de por que non. Ao rematar descubrimos que había dúas cousas nas que había papeliños de todas as cores e que nos gustaban aos cinco: dar bicos e cantar!



Despois fixémolo outra vez pero escribindo xogos: tenis, fútbol, bonecas, comba e cociñar. Por quendas puxemos os papeliños ao lado do xogo que nos gustaba e descubrimos que saltar á comba e cociñar nos gusta aos cinco! E o fútbol e as bonecas a tres de nós!





venres, 8 de marzo de 2019

O PAÍS DA IGUALDADE

Hoxe falamos de inxustizas e falamos de igualdade. No país dos mandóns, as nenas, as mamás e as avoas non podían facer outra cousa que estar na casa e traballar alí. Nunca saían nin tiñan tempo de divertirse. Naquel país ninguén era feliz. Un día fixeron unha xuntanza e decidiron que non ían facer caso aos mamalóns que mandaban.  Recolleron os seus dereitos nunha constitución asinada por todos e todas e mudaron a situación, convertindo o seu país no PAÍS DA IGUALDADE.





YAYA VIVE NA ILLA DECEPCIÓN

Lembrades o pingüín que apadriñamos? Pois estivemos investigando un pouco onde vive e descubrimos moitas cousas... Tamén aprendimos a debuxar un pingüín seguindo unhas instruccións ben sinxeliñas.



Buscando información sobre pingüíns na biblioteca

Tipos de pingüíns que viven en Punta Descuberta. Yaya é un pingüín barbijo.

Falando de pingüíns...








MIRA QUE PIRÁMIDE!


Cada vez temos máis vasiños, podemos facer a base máis longa e as pirámides son máis altas.













xoves, 7 de marzo de 2019

XOGAR A PENSAR CON JUANITA

Voltamos ao cole despois das vacacións de Entroido e...sorpresa! Juanita estaba agardando por nós no cole! Voltaron as apertas e os bicos, presentámoslle os pequenos de tres anos e miramos dentro da bolsa: as normas para xogar a pensar, as cariñas para avaliar e un conto de xoaniñas co que aprendemos moito sobre Juanita: como é, onde vive, que come... Pero a cousa non remataba alí. Juanita viña visitarnos porque estaba preocupada despois de ver unha foto. Puxémola na pantalla e comezamos a pensar.


P: Mirade a foto. Que vedes?
E: Que hai basura no mar
A: Eu vexo un humano levantando o mar
Di: Iso é maxia. A ver, nadie pode levantar o mar
J: Sería una alfombra larguísima de mar!
V: Veo un cangrejo allí
Da: Una botella dentro del mar
P: e ese é o sitio das botellas?
V: No, en la basura!
Li: Eu vexo un meniño que está mirando no fondo do mar
J: Area
Le: un señor recogiendo basura
Da: Un padre
Li: nooo
Da: es un niño
Li: no, mira bien para la foto
Da: un padre porque como está así me parece
J: a mí me parece más un niño, con cinco años
Da: si se pone así más alto, luego es un padre. Si se pone de pie.
Di: A min paréceme un rapaz de 7 anos ou de 8
Li: ou de 6
Mar: Veo agua
Man: Agua de mar porque eu vin os pulpos e os cangrexos na praia, creo.
P: ti ves polbos na foto?
Man: non
P:e cangrexos?
Man: si
P: e onde viven os cangrexos?
Man: na praia
J: o en el mar
A: si, porque os cangrexos viven ou na terra ou no mar
P: o cangrexo da foto está dentro ou fóra do mar?
Varios: fóra
P: Por que estará fóra?
Di: porque ao mellor o pai ou o rapaz ou o que sea, está recollendo basura
Le: porque hay basura dentro del mar
Di: porque está levantando el agua
P: vós levantáchedes algunha vez a auga así?
Varios: non
E: yo sí!
P: e como fixeches?
E: yo levanté el agua pero así con un caldeiro
P: e cando levantaches a auga cun caldeiro, que viches?
E: basura
P: e que basura atopaches?
E: botellas, latas...
P:e que fixeches con esa basura?
E: pues recogerla
P: e onde a levaches?
E: a la basura!
Di: bieeeeen
P: e o cangrexo que está fóra, por que non entra na auga a nadar?
E: Porque hai basura
Di: ao mellor a auga está moi fría
J: o porque el agua está caliente
Man: o pela!
Le: por eso, no se mete porque hay basura
P: no le gusta la basura?
Varios: nooooo
P: por que non lle gusta?
Di: porque se puede manchar
Li: porque se puede morir
E: puede comerla
A: porque huele mal
J: porque le aplasta
Man: eu collín auga co caldeiro e boteina pola cabeza!
P: a persoa que sae na foto, que pensará ao ver o lixo?
Di: que a xente é mala
A: que contamina
E: a xente tira basura ao mar, poñen a auga mal, os animais morren...
Li: son porcos
Di: Igual que no conto dos porcos!
Le: que son unos ladrones los que tirar la basura al mar
P: quen tira o lixo ao mar?
Da: los cazadores
Di: meu tío, que fuma na area e tira o pitillo na auga. A min paréceme mal. Eu sempre lle digo que non fume porque ao mellor pode morrer.
A: E tamén é malo para os pulmóns
Di: unha amiga de miña nai tamén fuma. Miña nai antes fumaba pero antes case non iamos á praia case nunca. Agora non porque estamos en inverno.
Man: os ladróns tiraron o lixo ao mar. 
P: vós cando ides merendar á praia, que facedes co lixo?
Li: eu cando vou merendar, o tiro na basura
Di: eu cando ía á praia miña nai traía sandía e un bocata e cando acabábamos levábamos o verde que non se come no táper.
Da: tirar en la basura pero yo cuando excavo veo lixo debajo de la arena y en el mar. Encontré una botella, un papel... En una botella había un cangrejo atrapado y un peixe pero los saqué rápido.
Di: pero un cangrejo no puede estar en una botella porque, a ver, non cabe polo fío
J: el pez lo tenías que coger, no tiene pies
Da: pero lo cogí y lo eché al mar
P: que lle pasa ao mar, á auga e aos animais que viven no mar cando botamos lixo?
Le: mira, si se atrapan los peces, no pueden salir de la botella porque ese hueco no salen los peces y se atascan. Pero papi tiene una sierra y puede cortar la botella para sacarlo.
P: por que estará Juanita preocupada despois de ver esta foto?
A: ao mellor dálle pena que os animais do mar morran
Man: porque eu fun á praia e non había nada tirado
Da: en la Patrulla canina vi que los peixes estaban atrapados en las botellas. Tenían un gancho y luego abrían las botellas y luego escapaban
Mar: fui a la playa y había conchas, basura no
P: que imos facer nós para que isto non ocurra e para que se algunha vez eu vou á praia e levanto asía a auga, só vexa... que queredes ver vós para que Juanita e todos estemos contentos?
Li: cunchas
A: algún cangrexo
Di: monedas
E: tesoros
Da: caracolas de mar
C: estrellitas de mar
Peixes
caracolas
pulpos
calamares
cunchiñas pequerrechiñas
P: Imos dicir cada un unha frase que poidamos poñer nun cartel nunha praia para coidala
Di: Non tirar basura
E: No tires botellas al agua
A: No contaminar el mar
Da: que no se atrapen los peixes ni los cangrejos en las botellas
Li: non tirar tapas
Man: e tampouco vasos
Li: nin cristales
E: después de merendar, a limpiar
P: fixeches unha rima!
Li: coida o mar
A: coida o medio ambiente
Le: es que mi madre cuida el medio ambiente!
C: no se tira la basura
Man: limpa a praia
Di: a túa basura, tíraa á basura
Le: limpia la playa con una escoba
Di: así levarías a area para casa
P: acabamos entón, para facer os carteis coas vosas frases e despedir a Juanita?
Le: sí, y después lo del cartel de si nos gustó bien y no tanto (referíndose á avaliación)

Rematamos agradecéndolle a Juanita a súa visita e desexando que volte outra vez para xogar a pensar connosco! Un bico grande, Juanita!












venres, 1 de marzo de 2019

FESTIVAL ENTROIDO 2019

Chegou o día do festival do Entroido! E non podemos comezar doutro xeito que dando as grazas. Grazas ás familias pola vosa implicación cos disfraces dos vosos fillos e fillas. Porque se notou que todas os preparáchedes con moito agarimo e luciron ESPECTACULARES.
Os Arroases viñeron facer uns obradoiros con nós para amosarnos os beneficios de comer peixe e aprender máis das artes de pesca.
O mago Paco mesturou contos con maxia e abraiounos cos seus trucos e as súas historias.
Os maiores da residencia viñeron compartir con nós este día de festa e a merenda de Entroido que prepararon as familias dos nenos e nenas de tres anos. 
Rematamos a xornada desfilando polos arredores do Auditorio acompañados das familias, amigos e veciños. Un dez para os que viñeron disfrazados!
Voltamos ao cole o xoves 7 de marzo. Que pasedes unhas boas festas de Entroido!





Picade na foto para abrir o vídeo