Hoxe limos unha noticia que saiu o mes pasado na Voz de Galicia (grazas, profe Ángeles por comentárnolo!) e que nos chamou a atención: Os peixes de cores que nada nas Rías Baixas. Sabedes cales son? O peixe rei, a maragota, o borracho, a doncella e a faneca brava.
Imaxe: Ricardo Liniers Siri
venres, 9 de novembro de 2018
xoves, 8 de novembro de 2018
ESPECIALISTAS EN MEDOS
Hoxe comprobamos que somos especialistas en medos. Coñecimos á primeira de quen era cada un dos medos que aparecía na ficha.
E tamén aproveitamos para seguir lendo os libros que nos quedan da guía de lecturas para valentes. Foi o turno de Vampirina quiere ser bailarina. Non vos esquezades de marcalo na guía que tedes na casa!
mércores, 7 de novembro de 2018
O HOME BALA
Cando aló polo comezo de curso fomos ao circo a Vilagarcía, unha das actuacións estrela era o Home Bala. Hoxe recuperamos grazas á profe Ángeles un exemplar da Voz de Galicia daquelas datas onde aparece unha entrevista con Rubén, o home bala do circo de Portugal. Enterámonos de que é unha profesión algo perigosa na que calquera fallo pode producir un accidente por iso é necesario empregar casco, luvas, botas e un traxe especial, ademais da rede e outros sistemas de seguridade. Chamounos a atención na foto o fillo do home bala, que se chama Leo, coma o noso compañeiro, e que de maior quere ser home bala coma seu pai.
E para rematar o día, despois do patio limos o conto El hombre bala, da Editorial Libre Albedrío. Dicir que nos gustou é pouco: encantounos. Conta a historia de Roque, un home bala que quere conseguir facer unha dobre pirueta mortal e caída sobre un só pé. Polo de agora nunca foi quen de conseguilo pero ten o presentimento de que na función do vindeiro domingo, conseguirao. Ao longo da semana vemos como Roque se prepara con moito entusiasmo para a función, sempre cun sorriso, disfrutando dos preparativos: descanso, comida, entrenamento... Que pasará? Sairalle a pirueta?
Ao rematar a lectura xogamos a ser homes e mulleres bala. Metiamonos no canón, disparabamos e caiamos nun só pé tentando manter o equilibrio. Que difícil!
O home bala entrenaba dando voltas ao redor da carpa do circo. Tan rápido as daba que as franxas azuis e amarelas el víaas verdes. Alba comentou que ela cando vai ao parque corre tanto que a súa nai di que ve mil Albas. E que o home bala vía verde porque se mesturas as cores amarela e azul, sae verde. Quixemos comprobalo e...
CONCURSO POSTAIS DE NADAL CONCELLO DE RIBADUMIA
Un ano máis imos participar no Concurso de Postais de Nadal organizado polo Concello de Ribadumia e xa estamos traballando no tema. As bases atópanse no taboleiro da escola. Se pensades participar desde a casa, avisade no cole porque non se pode presentar máis dun traballo.
martes, 6 de novembro de 2018
NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO NA BIBLIOTECA
Un curso máis a ciencia en galego aparece na nosa biblioteca no mes de novembro. Tomamos como punto de partida o cartel ilustrado por Nuria Díaz para o Día das Bibliotecas, que hoxe estivemos observando e comentando. Acendimos a lanterna como a rapaza que aparece sentada enriba dunha torre de libros e foron aparecendo unha chea de cousas que buscamos na nosa biblioteca: música, que atopamos no número 78; libros, onde queira que miremos; ordenadores para escribir, para xogar, para "poñerlle aplicacións", para rexistrar o conto que levamos en empréstito e o que devolvemos; un planeta, que o atopamos no número 52 e pensamos que pode ser Saturno polo anel que ten ao redor; un peixe, que o atopamos no número 59 cos animais; unha planta nunha maceta, que a atopamos no número 58; unha "cousa para gravar películas e dicir acción", xogos de construcción, que podemos atopar no recuncho de xogos da biblioteca; e "pócimas" que empregan os científicos e as científicas para investigar e curar enfermidades.
E foi falando de científicas e científicos cando nos demos conta de que xa estamos no mes de novembro e que a ciencia vai volver xa á nosa biblioteca. Preparádevos!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




