Imaxe: Ricardo Liniers Siri

martes, 23 de setembro de 2014

FÉLIX O EXPLORADOR NUNHA NOVA AVENTURA



Onte Félix veu visitarnos cunha nova carta. Esta vez desde a SELVA AMAZÓNICA! A nosa lebre viaxeira atrévese con todo! O primeiro que fixemos foi facer un debuxo como o que fixo Sofía en canto recibiu a carta. Mirade que artistas!





luns, 22 de setembro de 2014

IRENE



Hoxe despedímonos da nosa amiguiña Irene. Démoslle un montón de bicos, que ela gardou no seu peto, para que cando se lembre de nós sinta canto a queremos. Coa promesa de mandarlle unha carta coas novas do cole, desexámoslle moita sorte a ela e á súa familia nesta nova andaina que comezan. E fixemos unha foto de todos para que leve de recordo. Ímoste botar de menos moito, Irene!!


domingo, 21 de setembro de 2014

CARACOIS


Ao longo desta semana fomos coñecendo os contos da colección CARACOIS, da Editorial OQO. O noso patio está cheo destes diminutos animaliños que ás veces enchen os nosos caldeiros e espertan a nosa curiosidade. Aprendimos a debuxalos probando co xiz (non é doado facer unha espiral para a cuncha) e despois cos rotuladores no papel. E para rematar, o venres fixemos unha receita sorpresa para a merenda: Caracoliños! Mirade que saborosos nos quedaron.



E se queredes ver a curtametraxe que fixeron a TVG e OQO, na entrada anterior deixámosvos o vídeo. Que o desfrutedes!

CURTAMETRAXE CARACOIS: CARACOL E CARACOLA

venres, 12 de setembro de 2014

AMIGUIÑOS NOVOS

Este curso temos dous amiguiños novos de 3 anos: URIEL e HUGO. Ao longo desta primeira semana foron incorporándose en horario reducido pero a partires do vindeiro luns xa virán toda a mañán porque parece que lles gusta vir ao cole e vense moi contentos. Benvidos á vosa escola!!


mércores, 10 de setembro de 2014

PRIMEIRO DÍA DE COLE

Hoxe foi un día de reencontros na Escola de Ribadumia. Tiñamos moito que contar e moitas ganas de contalo. Vacacións de todo tipo: praia, parque, viaxes, escola de verán... Houbo tempo para falar, para contar contos, coñecer as novidades do cole (tarxetas novas, columpios novos, area nova, pas e rastrelos...), pintar, escribir, xogar, coñecer aos novos compañeiros... Mañán máis e mellor!!


martes, 9 de setembro de 2014

A VOLTA AO COLE



Lagoa da Frouxeira (Valdoviño)


Logo dunha primeira toma de contacto hoxe na reunión coas familias, mañá comezamos o curso 2014-2015. Con moitas ganas e ilusión, voltamos ao cole despois das vacacións de verán. Benvidos a todos!!