Imaxe: Ricardo Liniers Siri

sábado, 31 de xaneiro de 2026

A POMBA DA PAZ


 O pasado 30 de xaneiro celebrouse o Día da Paz e da Non Violencia. No cole limos o conto La paloma de la Paz e así foi como nos enteramos de que está moi cansa porque non lle fan caso e as guerras, as pelexas e as faltas de respecto nunca se acaban. A única maneira que temos de axudala é converternos nos seus axudantes e comprometernos a facer algo para mudar esta situación. Cadaquén pensou en como podería axudar e saíron respostas ben interesantes: vou tentar non pelexar coa miña irmá, vou xogar co meu irmán ao fútbol respectando as normas, voulle dar de comer e coidar a miña mascota, vou axudar a miña amiga cando se fai dano, vou ler coa miña amiga un conto, vou coidar o bebé...

Porque xente pequena facendo cousas pequenas pode transformar o mundo, queremos formar parte desa transformación e contribuír desde ben pequenos a facer do mundo un lugar onde todos nos sintamos respectados. Apuntádesvos?









Ningún comentario:

Publicar un comentario