Un ano máis, a elfa Filomena veu visitarnos á nosa escola. E o primeiro que fixo foi buscar os adobíos de Nadal e deixalos ciscados. E ela toda enleada nas cintas! Ai, Filomena! Menos mal que nos tes a nós para botarche unha man...
A profe Ana contounos a historia dos elfos de Papá Noel que nos visitan no mes de decembro e toda a maxia que nos traen coas súas trasnadas.
Benvida, Filomena!


Ningún comentario:
Publicar un comentario