Imaxe: Ricardo Liniers Siri

xoves, 16 de outubro de 2025

MILLO

 



A avoa de Rodrigo tróuxonos unha bolsa chea de espigas de millo. Primeiro esfollámolas e descubrimos que eran de cores diferentes! E despois pasamos un bo rato debullándoas ata que quedou o carozo sen un gran. Canto traballiño pasamos! Algún pensaba que non ía ser quen de facelo pero cun pouco de axuda conseguímolo!  Non sabedes que concentrados e con que ganas o fixemos. Moitas grazas, Nieves!


















Ningún comentario:

Publicar un comentario