Imaxe: Ricardo Liniers Siri

luns, 1 de decembro de 2025

TROMPOS NO NADAL

Desde que apareceron os trompos de Nadal na nosa aula todos os días nos gusta facelos bailar antes de marchar. Facemos parellas ou pequenos grupiños e imos pasando o trompo agardando que o trompo que fixo bailar o compañeiro pare só para que nos toque. E se non sae á primeira, tentámolo outra vez! Practicando aos pouquiños cada vez nos sae mellor! 





A ELFA FILOMENA VÉN VISITARNOS

 Un ano máis, a elfa Filomena veu visitarnos á nosa escola. E o primeiro que fixo foi buscar os adobíos de Nadal e deixalos ciscados. E ela toda enleada nas cintas! Ai, Filomena! Menos mal que nos tes a nós para botarche unha man...

A profe Ana contounos a historia dos elfos de Papá Noel que nos visitan no mes de decembro e toda a maxia que nos traen coas súas trasnadas.

Benvida, Filomena!






venres, 28 de novembro de 2025

XORNADA DE CIENCIA E IGUALDADE

Hoxe xuntámonos en Leiro e fixemos unha chea de actividades: chapas, contacontos e unha árbore con palabras que fomentan o respecto e a igualdade.






Celebramos o mes da ciencia participando no obradoiro de Arenaria e os seus experimentos que nos deixaron coa boca aberta. 






E para rematar, o contacontos de igualdade Coser e contar, no que quedamos namorados de como Marta vai tecendo as historias e as cancións creando un ambiente máxico. Moitas grazas á ANPA que nos deu a oportunidade de coñecela. Encantounos!







mércores, 26 de novembro de 2025

ELIA FAI 5

 Hoxe acompañamos a nosa compañeira Elia nas súas 5 voltas ao redor do sol. Vimos as fotos de como foi medrando, cantamos e desexámoslle que sexa moi feliz. Parabéns, Elia!







PORTADAS 1º TRIMESTRE








martes, 25 de novembro de 2025

O LIBRO DOS PORCOS

 


Hoxe Zapatocas propúxonos ler O libro dos Porcos, reflexionar sobre o que nel acontece e buscar todo o bo que podemos facer coas nosas mans. Non sabedes a chea de cousas que se nos ocurriron! Convidámosvos a unirvos a nós contra as violencias e a favor do bo trato e o respecto.








venres, 21 de novembro de 2025

RECEITA TEO O CARTEIRO

 


A proposta para o obradoiro de cociña en familia desta fin de semana era facer a Teo o carteiro, o crocodilo amigo de Pájaro Amarillo. Moitas grazas a todas por participar!

Lara e o seu crocodilo Teo o carteiro


Lucía e o seu crocodilo Teo o carteiro



Carmen co crocodilo Teo o carteiro e outro amiguiño



Dani co crocodilo Teo o carteiro



Eric preparando a Teo o carteiro para merendar



Eric co crocodilo Teo o carteiro



Elia preparando a Teo o carteiro para merendar



Elia e o crocodilo Teo o carteiro

mércores, 19 de novembro de 2025

SETE DENTES DE LEÓN

 Que conto tan especial nos tiña Zapatocas preparado! Sabedes cal é a historia do arco da vella? Sete dentes de león teñen a resposta...







venres, 14 de novembro de 2025

RECEITA PÁJARO AMARILLO

 



A proposta para o obradoiro de cociña en familia desta fin de semana era facer a Pájaro Amarillo. Moitas grazas a todas por participar!

 

Lucía preparando a Pájaro Amarillo


Lucía e Pájaro Amarillo listos para merendar!


Rodrigo e Pájaro Amarillo



Merendades con nós?



Carmen e o seu Pájaro Amarillo



Elia preparando o seu Pájaro Amarillo



Elia e Pájaro Amarillo listos para merendar



Lara e o seu Pájaro Amarillo



Eric preparando o seu Pájaro Amarillo



Eric e o seu Pájaro Amarillo



Dani e o seu Pájaro Amarillo

COMEFROITAS DE NOVEMBRO