A proposta para o obradoiro de cociña en familia desta fin de semana era facer a Rodolfo, o reno máxico de Papá Noel. Moitas grazas a todas por participar!
No cole escribimos a receita e vimos o vídeo da panxoliña.
Despois fixemos a nosa versión de Rodolfo e falamos da importancia de respectarnos e de non burlarnos dos compañeiros.
O primeiro reno que chegou voando foi o de Eric e a súa familia. Moitas grazas a todas por participar!
Eric colocando o nariz máxico de Rodolfo
Case listo!
A que quedou fantástico?
Pois agora a almorzar!
O reno Rodolfo de Eric
Carmen poñendo as boliñas á árbore
Colocamos o tronco e todos os pauciños
E xa temos listo a Rodolfo e a árbore de Nadal!
Agora a comer, que é a parte máis importante. Bo proveito!
Ningún comentario:
Publicar un comentario