Esta fin de semana comezamos o obradoiro de cociña en familia. A primeira proposta foi facer bichos de uvas. Xa sabedes que podedes engadir ingredientes, cambialos por outros que teñades na casa...O importante é pasar un ratiño en familia cociñando, compartindo e pasándoo ben.
Os primeiros bichiños en chegar foron os de Rodrigo e a súa familia. Moitas grazas por participar! Quedaron espectaculares!
Os seguintes bichiños en chegar foron os de Dani e a súa familia. Moitas grazas por participar! Quedaron fabulosos!
Máis bichiños! Os vermiños de Aroa e a súa familia chegan facendo unha carreira. Moitas grazas por participar!
E de seguido, chegan o caracol e a araña de Eric e a súa familia. Vaia festa de bichiños que nos está quedando!
Carmen e a súa familia tamén quixeron participar facendo tres caracois de colores e un verme. Que concentrada estaba Carmen cociñando os seus bichiños e ao rematar... a merendalos! Moitas grazas por participar!
E chegados directamente da cociña de Lara e a súa familia, chegan o ourizo e o verme pequerrecho. Moitas grazas por participar! Están xeniais!
Ningún comentario:
Publicar un comentario