Imaxe: Ricardo Liniers Siri

venres, 7 de xuño de 2024

IMOS Á ILLA DE SAN SIMÓN!

 Hoxe fixemos a saída de fin de curso á Illa de San Simón. No traxecto en barco vimos a ponte de Rande, as bateas e ata golfiños que viñeron saudarnos cos seus saltos. Unha vez na illa percorrímola ata chegar á zona do museo, onde fomos atopando as pistas que nos levarían a descubrir o tesouro agochado. Bravo, piratas!









Ningún comentario:

Publicar un comentario