Aroa e a súa nai Leticia fixeron galletas de Nadal onte á tarde e quixeron compartir con nós fotos do obradoiro de cociña en familia. Aroa está feita unha cociñeira cada vez máis autónoma. Xa despega as galletas e as coloca ela soa! Moitas grazas polas fotos!
Se estes días estades facendo algo especial na casa que queirades compartir: poñer a árbore, cociñar algo especial...mandádenos as fotos. Estaremos encantados de velas.
E como non, hoxe tróuxoas para merendar. E como facía soliño, merendamos de picnic.
Ningún comentario:
Publicar un comentario