Imaxe: Ricardo Liniers Siri

venres, 9 de xuño de 2023

DÍA DOS OCÉANOS

 O día 8 de xuño celebrouse o Día dos Océanos e ao longo de toda a semana estivemos falando do problema dos plásticos no mar. O libro: La tortuguita y el mar, axudounos a achegarnos a esta dura realidade que viven os animais mariños. Buscamos fotos en internet e atopamos tartarugas enleadas en redes ou comendo bolsas de plástico, cabaliños de mar agarrados a bastóns dos oídos... Fixémonos conscientes da importancia da reciclaxe e de botar cada tipo de lixo no seu colector.






Outro conto que tamén nos gustou moito foi o de: El caracol y la ballena, unha historia de amizade entre dous animais mariños onde o que se considera pequeno e insignificante logra ser o protagonista dun dos maiores rescates da historia.







Ningún comentario:

Publicar un comentario