Esta fin de semana a proposta do obradoiro de cociña era probar a facer vasoiras de bruxa con diferentes ingredientes.
Mirade Alma que vasoiras deliciosas fixo para merendar na casa da bruxa. Ata se apuntaron os esqueletos! Moitas grazas a Alma e a súa familia por participar!
Chegaron voando as vasoiras de Sofía e a bruxa parece que tivo un pequeno accidente. Hai que voar con sentidiño! E para repoñer forzas, chulas de cabaza ben saborosas! Moitas grazas a Sofía e a súa familia por participar!
As vasoiras de Adán quedaron deliciosas! Coloridas e variadas! As bruxas está ben contentas! Moitas grazas a Adán e a súa familia por participar!
Ningún comentario:
Publicar un comentario