Hoxe na clase de Educación Física participamos nunha carreira moi especial: dimos dúas voltas ao cole para poñer o noso gran de area na loita contra a leucemia infantil. Hoxe corrimos co noso dorsal por todos os nenos e nenas que están maliños no hospital e non poden ir ao cole.
Nesta páxina tedes información sobre o proxecto La vuelta al cole da Fundación Unoentrecienmil. Tamén na mochila atoparedes un papel coas instrucións de como podedes colaborar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario