Este ano o inicio das clases vai vir marcado polas recomendacións sanitarias e será moi diferente ao dos anos anteriores. Dende a escola estamos traballando para cumprir cos protocolos que acaban de publicarse e ter todo listo dende o primeiro día nun entorno seguro. Nos vindeiros días poñerémonos en contacto con todas as familias por teléfono ou correo electrónico para informarvos de posibles novidades e aclarar dúbidas. Polo pronto lamentamos comunicarvos que a reunión fixada para o vindeiro 10 de setembro non poderá realizarse. As instrucións publicadas pola Consellería establecen un comezo gradual como recolle a seguinte resolución: http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resolucion_incorporacion_gradual.pdf. Tendo en conta isto, na nosa aula os nenos e nenas de 3 e 4 anos incorporaranse o día 10 de setembro (3 anos, seguindo o horario do período de adaptación, de 11 a 13 horas, e 4 anos de 9:00 a 13:45 horas) e os nenos e nenas de 5 anos, o día 11 de setembro en horario de 9:00 a 13:45 horas.
Buenas tardes, maestra tiene lista de materiales aparte de los libros complementarios?
ResponderEliminar