O LOBO, A LÚA E O CAFÉ MODERNO
Hoxe chegamos ao cole con moitas ganas de ir no autobús a Pontevedra. No Auditorio Afundación agardábannos os monicreques de Baobab teatro: O lobo e a lúa. Gustáronnos moitísimo! Despois merendamos e fomos xogar un pouco a unha praza que había moi pretiño de alí. Á hora acordada, puxemos rumbo ao Café Moderno, onde aprendimos moito sobre o edificio, que xa ten 118 anos! Materiais como a madeira, o ferro e o coiro aparecen como por arte de maxia no edificio que foi o primeiro cine de Pontevedra e ao que chegaba a xente en tranvía. Cadros xigantes e murais pintados por Laxeiro visten as paredes e espellos tan grandes que chegan ao teito levan máis de cen anos reflectindo todo o que alí pasa. No ano 2000, o arquitecto portugués Álvaro Siza, médico de edificios, namorouse do Café Moderno e reformouno para curarlle as feridas que fora facendo nel o paso do tempo. Ata deseñou unhas butacas nas que hoxe sentamos para comprobar que seguen sendo igual de cómodas que hai vinte anos.
Para rematar a visita, convertímonos en deseñadores do noso cuarto. E chegou a hora de voltar á casa. Algún quedou a durmir no autobús de volta. E é que despois dunha mañá tan atarefada, estabamos cansadiños!
O Lobo e a Lúa de Baobab Teatro - Tráiler from
BAOBABTEATRO on
Vimeo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario