Imaxe: Ricardo Liniers Siri

venres, 10 de xaneiro de 2020

COMEFROITAS

Hoxe viñeron visitarnos os trasnos Comefroitas e deixáronnos unha carta, un conto e o segredo que teñen eles para estar fortes e sans. A que non imaxinades cal é? Pois si! Comer froita! No 2020, ademais de continuar poñéndolle as pilas ao noso bocata cos Arroases, imos ser uns Comefroitas de primeira. Na mochila levamos unha nota explicativa para as nosas familias e un cartel coas froitas de tempada do mes de xaneiro a modo de suxestión. En marcha, Comefroitas!





Ningún comentario:

Publicar un comentario