Ás veces ocurre que na vida te cruzas con persoas que
deixan pegada. Persoas que aparecen un bo día e sen darte conta “conectas” con
elas. E ves que xunto a elas todo flúe, que traballas a gusto, que compartes
pensamentos sen falar, que os seus nenos e nenas son un pouco teus e os teus un
pouco dela, que cando dubidas dáche o empurrón que necesitas, que sempre ten
unha man para axudarche… Esa persoa é a profe María. Ao longo de sete anos
traballou polo cole tanto que é imposible poñelo en palabras. Foi profe,
directora, compañeira e amiga. Quitou tempo de onde non o tiña, folgos de onde
case non había e tirou para adiante en momentos difíciles. Tivo éxitos, tamén
erros (quen non os ten?) pero é innegable que se esforzou cada día en facelo o
mellor posible.
Porque es especial, porque es boa xente, por deixar
pegada nas vidas dos nenos e nenas que foron pasando pola Escola de Ribadumia
ao longo de todos estes anos e axudarnos a medrar como persoas, queremos darche
as grazas. Querémoste, Profe María! Moita sorte na túa nova aventura!
Ningún comentario:
Publicar un comentario