Imaxe: Ricardo Liniers Siri

luns, 15 de maio de 2017

DIEGO TRÁENOS AS BOLSAS DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS


Diego trouxo hoxe as bolsas do súper que conmemoran o Día das Letras Galegas deste ano. Moitas grazas a el e á súa nai por lembrarse de traelas ao cole para que as puidesemos ver!

E uns días despois trouxo o cartel que tiñan no súper para poñelo na nosa aula. Que bonito é, coa galiña azul, as laranxas máis laranxas de todas as laranxas e máis personaxes dos contos de Carlos Casares! Moitas grazas!





Ningún comentario:

Publicar un comentario