Imaxe: Ricardo Liniers Siri

luns, 24 de abril de 2017

CELEBRAMOS OS MAIOS

Hoxe en Leiro celebramos que está a piques de acabar o mes de abril vestindo o noso maio e cantándolle para que veña cargado de flores. Ao longo da mañá fixemos cadenetas de pampullos e pintamos unha flor para a cabeza. Logo merendamos un bocata grazas ao programa Ponlle as pilas ao teu bocata, do Plan Proxecta: de sardiñas, de atún, de chocos, de mexillóns, con leituga, con tomate, con millo, con queixo...cada un elixiu o que máis lle apetecía! E non quedaron nin as migas! Rematamos a xornada cantando e bailando fóra coas familias que se achegaron a escoitar aos gaiteiros. E antes de marchar as mamás da ANPA repartiron unha planta para cada nen@ para celebrar o Día do Libro. Moitas grazas polo voso agasallo! Benvido, maio!

Picade aquí e veredes a noticia no xornal La Voz de Galicia e tamén as fotos do álbum e un pequeno vídeo.










Ningún comentario:

Publicar un comentario