Quedamos con Lucía en que ía vir visitarnos un día e hoxe por fin veu contarnos como é o cole de primaria e a lernos un conto dos Bolechas que nos gustou moitísimo. Que atentos estivemos e que ben les, Lucía! Moitas grazas pola visita! E non veu soa! Cando petou á porta traía unha sorpresa na man: unha xoaniña vermella con puntiños negros que antes de botar a voar polo noso patio deu unha chea de paseos polas nosas manciñas. Será pariente de Juanita?
Ningún comentario:
Publicar un comentario