Imaxe: Ricardo Liniers Siri

martes, 19 de xaneiro de 2016

MALALA, PREMIO NOBEL DA PAZ






O 30 de xaneiro celébrase o día da paz e da non violencia. Este curso estamos coñecendo a Malala, a nena que recibiu o Premio Nobel da Paz, e a súa historia.
Aproveitando este recurso que atopamos na rede reflexionamos sobre as diferencias entre a escola do país de Malala e a nosa. Non nos gustaría nada ter que separarnos os nenos das nenas na escola e o de deixar de estudar por ser nena xa nin pensalo. Nós tamén quixemos poñer o noso gran de area nunha escola para Malala e entre todos puxémoslle tellado e un patio con cubos e areeiro. Tesoiras, rotuladores de cores, pizarra, témperas e pinceis, cadeiras e mesas... Xuntos polo dereito das nenas a estudiar!!

Se queredes ler o cómic-resumo da historia de Malala picade aquí. Se os maiores queredes coñecer un pouco máis sobre a vida de Malala picade aquí



TrabajodeMalala from moonhooney



Gustounos a frase de Malala: Un neno, un mestre, un libro e un lapis poden cambiar o mundo. Falamos da historia de Malala, reflexionamos sobre o que lle ocurriu, sobre as inxustizas, sobre a importancia de estudiar, de aprender, de ir ao cole... E buscamos palabras relacionadas con todo isto para escribir arredor de Malala. Palabras que nos chamaron a atención, que nos pareceran importantes na súa historia: valentía, paz, amigas, libro, irmáns, papá e mamá...

Fonte: Actiludis





Ningún comentario:

Publicar un comentario