Imaxe: Ricardo Liniers Siri

xoves, 24 de setembro de 2015

BRUXAS E MÁIS BRUXAS... LA BRUJA MARUJA

Hoxe coñecimos a historia da bruxa Maruxa, que quixo facer unha poción para que a súa vasoira fose máis lixeira e acabou cun chichón e a vasoira queimada. Que credes que pasou ao final? Pois que trocou a vasoira por unha aspiradora! Ti si que es unha bruxa moderna, Maruxa!
E nós non quedamos atrás! Cada un pensou nos ingredientes que lle ía botar ao caldeiro para facer a súa poción. Hainas para todos os gustos: se queredes ser os máis rápidos, probade a poción de Hugo, feitas con plumas de correcaminos. E se queredes bailar ballet, non dubidedes en probar a de Lucía, feita cun par de zapatillas de ballet vellas, un tutú vello, un maillot vello...(quedou claro que todo vello?;) Se preferides convertiros en Spiderman, probade as pocións de Uriel e Oliver, cunha chea de arañas negras. Se queredes convertir un bebé "malo" en sapo, tedes a de Rodrigo. E se queredes NON convertirvos en sapo, tede a man a de Diana.




Ningún comentario:

Publicar un comentario