Como cada vez que Félix chega a un novo lugar do mundo, estamos traendo ao cole material relacionado con Xapón que teñamos na casa: revistas, fotos, obxectos, libros, guías de viaxes,... Ao longo desta semana foron chegando tantas cousas que non dabamos feito. Un sombreiro artesán de folla de bambú que non dubidamos en probar e co que Wences dixo que parecíamos "setas", una sombrilla ou paraugas (aínda non sabemos moi ben se é una cousa ou outra) de gueisha, animais e flores de origami, os palillos cos que nos dixo Félix que comen en Xapón e que todos diciamos que sabíamos empregar pero que na práctica non é tan doado como parecía, una boneca kokeshi de madeira como a que Sakura ten desde que naceu, dragóns, outra boneca xaponesa, una bandexa con motivos xaponeses, información de internet cunha casa típica xaponesa...
Moitas grazas ás familias pola vosa colaboración. Non dubidedes en seguir traendo todo o material que vaiades atopando para seguir aprendendo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario