O pasado venres 21 de xuño tivemos a festa de fin de curso no pavillón de Sisán. Despois de xogar cos patinetes e o paracaídas, saltar no castelo inchable e divertirnos co xogo dos aros, tocou repoñer forzas coa merenda. A fin de festa puxémola os nenos e nenas de todas as escolas coas nosas actuacións: Loboferoz de Leiro, Chim pum e O mercado de Ribadumia ( ademais da obra de teatro do Pastor mentireiro), Cartas de Félix de Lois e Jambo Bwana de Sisán.
Despedimos ao profe Rafa, que o vindeiro curso estrenará novo cole, cunha canción e unha súperaperta e aos compañeiros que marchan a primaria con cadansúa orla e moitos bicos. Desexámoslle a todos moita sorte nas súas novas aventuras e xa saben que están convidados a vir de visita cando queiran!!
Agora toca descansar e disfrutar das vacacións de verán. Non vos esquezades de ler un pouquiño cada día e vémonos en setembro!!! Que o pasedes moi ben!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario