Imaxe: Ricardo Liniers Siri

mércores, 30 de xaneiro de 2013

DÍA DA PAZ


Lembrades que hai uns días vos dixemos que estabamos a preparar algo especial para o 30 de xaneiro? Pois por fin chegou o día e xa o temos rematado. O noso mural do DÍA DA PAZ xa adorna a parede da nosa escola. Un traballo en equipo feito a partir dun cadro de DALÍ: A rosa meditativa, ao que lle demos un toque especial. Gústavos?

 

Tamén celebramos este día especial cunha festa na que compartimos cos nenos e nenas da outra clase "palomitas", xogamos xuntos e levamos para casa as nosas pombiñas. Feliz día e que os bicos de paz enchan todos os días do ano!
 


 

1 comentario:

  1. Que bonitisímo o mural!!! Nós fixemos un arco da vella, pero este é máis orixinal! Encántame! Moitos bicos peques e moitos bicos profe Marta!

    ResponderEliminar