Imaxe: Ricardo Liniers Siri

mércores, 21 de xuño de 2023

GRADUACIÓN 2023

 Querida Sofía:

Acaba a túa etapa de Infantil. Xa vas para Primaria! Canto medraches nestes tres anos! E que sorte poder compartilos contigo e coa túa familia! Desexámoste que sexas moi feliz nesta nova etapa. Xa sabes que en Ribadumia sempre terás a túa escoliña. Non esquezas vir algún día a visitarnos e contarnos as túas novas aventuras. Querémoste moitísimo! Unha aperta. Moitos biquiños voadores e feliz verán!



FESTA DE FIN DE CURSO

 Hoxe celebramos a festa de fin de curso na Escola de Sisán. Participamos nun contacontos coa ratiña Lilí Gruyère, saltamos nas colchonetas, repuxemos forzas coa merendola á que nos convidaron as familias de 5 anos, gozamos coa actuación de todas as escolas preparada pola profe Olalla, repartimos as orlas aos graduados e rematamos a xornada cunha festa da espuma. 

Moitas grazas a todas por participar.

Desexámosvos unhas moi felices vacacións de verán. Vémonos no mes de setembro!














martes, 20 de xuño de 2023

UN PALLASO DE XEADO




Chega a derradeira comanda do obradoiro de cociña en familia! E como non podía ser doutra maneira, celebramos a chegada do verán cunha receita que ten coma protagonista o xeado. Marchando un xeado de pallaso! Moitas grazas a todas por participar nesta proposta ao longo de todas as fins de semana do curso con tanto agarimo. Xuntas creastes unha chea de marabillosas receitas cociñando en familia! Unha saborosa aperta para todas!

Sofía e Elisa cos seus pallasos de xeado


As sobremesas de pallasos de xeado de Sofía e Elisa






O PEIXE PALLASO DE MANU

 A bolsa dos traballos levaba un agasallo sorpresa para facer artistadas durante o verán. Manu xa estreou os seus pinceis pintando un peixe pallaso. Moitas grazas pola foto, Manu! Quedouche precioso!



luns, 19 de xuño de 2023

AS BOLSAS DOS TRABALLOS

 Personalizamos as bolsas para levar os nosos traballos de fin de curso e algunha que outra sorpresa máis. Quedaron ben coloridas!










WOLFY, O CAN SURFEIRO

 Sabíades que existe un campionato europeo de surf para cans? Pois existe! Nunha noticia da Voz de Galicia limos que Wolfy participou co seu dono neste campionato que se celebra en Asturias. Picade na foto para ler a noticia completa. Queredes velo en acción? Non vos perdades os vídeos.