Imaxe: Ricardo Liniers Siri

sábado, 11 de decembro de 2021

QUE XANTAMOS HOXE?

 Na nosa cociña podemos argallar unha chea de menús con ingredientes moi variados. Apetécevos algo de froita de tempada? Verdura da horta? Peixe fresco? 





xoves, 9 de decembro de 2021

MARTÍN FAI 5

Hoxe acompañamos a Martín nas súas 5 voltas ao redor do sol. Parabéns, Martín! Canto medraches!






UN RENO IMPOSTOR

 O conto de Nadal de hoxe fálanos dunha cebra que se disfrazou de reno para poder acompañar a Papá Noel a repartir os agasallos. Cando Papá Noel a descubriu decidiu que cada ano ía agasallar a un animal diferente a un reno a posibilidade de tirar da zorra e vivir unha noite máxica. Cadaquén decidiu a que animal lle tocaba este ano. Mirade canta variedade!




GALAXIAS

 



venres, 3 de decembro de 2021

BAIXO O MESMO PARAUGAS

O 3 de decembro celébrase o Día internacional das persoas con discapacidade. Un ano máis quixemos sumarnos á iniciativa "Baixo o mesmo paraugas" abrindo os nosos paraugas e escribindo unha frase positiva para darlle apoio e visibilidade ás persoas con discapacidade. Moitas grazas a todas as familias pola vosa participación!

Tamén limos o conto Os meus amigos especiais e coñecimos un neno que é un fenómeno xogando ao baloncesto en cadeira de rodas. A maioría non sabiamos que se podía xogar ao baloncesto en cadeira de rodas e buscamos un vídeo onde vimos varios equipos en acción. Quedamos impresionados coa forza que fan cos brazos para empurrar a cadeira, coas regras do xogo adaptadas á situación dos xogadores, como teñen que amarrar a cadeira ás pernas, as caídas que sofren, a velocidade coa que se desprazan, as canastas que meten...



Baixo o mesmo paraugas
construindo un mundo mellor
e sobre todo con respecto.

Los libros,
las mentes
y los paraguas
solo sirven si se abren.

Baixo o mesmo paraugas
por un mundo sen barreiras.

Abro o meu paraugas
para que se refuxie nel 
todo aquel que o precise.




SOFÍA FAI 4

 Mañá Sofía está de aniversario e hoxe acompañámola nas súas 4 voltas ao redor do sol. Parabéns, Sofía! Canto medraches!





LA NAVIDAD MARCIANA

 No conto de hoxe Pedro viaxa a Marte e cóntalles aos Glups! como se celebra o Nadal na Terra. Viaxou realmente o foi un soño?