Imaxe: Ricardo Liniers Siri

luns, 8 de novembro de 2021

NA PROCURA DO HOME DE VITRUVIO


Hoxe coñecimos O home de Vitruvio, o debuxo máis famoso do mundo, feito por Leonardo da Vinci. Podemos atopalo na parte traseira da moeda italiana dun euro. Se alguén ten esta moeda na casa podemos traela ao cole! Atoparémola?









sábado, 6 de novembro de 2021

FACEMOS PASTA DE SAL

 Con tan só tres ingredientes fixemos pasta de sal: fariña, sal e auga. Houbo que rectificar e botar unha pouca máis de fariña para que non se nos quedara pegada nas mans. Gustounos moito amasala e facer figuras cos moldes da plastilina. A ver como están o luns cando cheguemos á escola! Se conseguimos que sequen ben, pintarémolas de cores!




CANTOS TES?

 


LEONARDO DA VINCI




Zapatocas ten preparado un recuncho con todos os libros sobre Leonardo da Vinci que temos na biblioteca. Gustounos moito o conto Leonardo y el aprendiz volador. Tamén coñecimos as Tres Xemelgas e a súa aventura con este xenio do Renacemento.




NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO NA BIBLIOTECA

 


Ao longo do mes de novembro imos coñecer a figura de Leonardo da Vinci e achegarnos ao mundo da ciencia e os experimentos.


xoves, 4 de novembro de 2021

CUNCHAS DE VIEIRA NOS MUROS E FACHADAS

 


Na edición dixital do xornal La Voz de Galicia limos que unha empresa de Cambados creou paneis con cunchas de vieira para vestir fachadas. Esta forma de revestir paredes é tradicional e xa se usa desde hai moito tempo. Podemos atopar pola zona moitas casas e muros cheos de cunchas de vieira. Coñecedes algunha? Mandade foto e ubicación a ver cantas atopamos!

Paneis con cunchas de vieiras na fachada dun 
edificio en Vilagarcía


Panel con cunchas de vieiras na fachada dun 
edificio en Vilagarcía



Martín amósanos o garaxe revestido de cunchas
que fixo a súa avoa Nieves. Que preciosidade!
Canto traballo!



Sofía atopou esta preciosa entrada 
en Cambados



Na Illa da Toxa, a ermida está cuberta de cunchas de vieira desde o chan ata o campanario.

Tamén podemos usar as cunchas como instrumento musical, pintalas...





Mateo mándanos esta foto de Casa Rosita
en Corvillón, Cambados



Mateo descubriu esta casa en Santo Tomé, en Cambados.
Moi preto da Torre de San Sadurniño!

A casa que descubriu Mateo en Santo Tomé

Cantas cunchas na casa que descubriu Mateo!



Casa en Pontearnelas

sábado, 30 de outubro de 2021

SAMAÍN, MAGOSTO E HALLOWEEN

 


Antes de nada os agradecementos! Moitísimas grazas ás familias pola vosa implicación nos preparativos desta xornada tan divertida que pasamos! E moitísimas grazas á ANPA por organizar o magosto, polas merendas terrorificamente saudables e polo contacontos tan divertido co que nos agasallastes nesta mañá de festa!

Deixámosvos as fotos e vídeos para que vexades canto xogamos e bailamos! Tampouco faltou a merenda para repoñer forzas nin unha visita a escuras á exposición de cabazas. Feliz ponte e vémonos á volta o martes 2 de novembro en Leiro!