Imaxe: Ricardo Liniers Siri

domingo, 19 de abril de 2020

VARIEDADE DE PROPOSTAS





No blog xeral do CRA de Ribadumia podedes atopar diferentes propostas que se van engadindo de Educación Física, Inglés, Orientación e información xeral. Ademais, na parte dereita atoparedes unha lista de enlaces que vos remiten ao blog de cada unha das aulas e aos blogs dos especialistas. Podedes entrar e mirar as propostas de Música, da Aula de Natureza, Audición e Linguaxe.



venres, 17 de abril de 2020

COMEFROITAS DIVERTIDOS


Xa están chegando os primeiros Comefroitas divertidos. Seredes quen de adiviñar todas as froitas que se empregaron para elaborar cada un deles? En cada Comefroitas vai unha pista: o número de froitas que hai que buscar. Sacade a lupa e a xogar! Se queredes ver a solución, picade nas fotos (iremos engadindo a medida que vaian chegando)


Comefroitas #1 de Leo (5 froitas)


Foguete

Comefroitas #2 de Martín (1 froita)

Pantasma


Comefroitas #3 de Martín (1 froita)



Moucho

mércores, 15 de abril de 2020

MENTRES ISTO NON PASA, QUEDA NA CASA

Texto de Ramón D.Veiga e ilustracións de Iván R. Este conto curto cheo de rimas resume o que estamos a vivir estes días na casa desde o punto de vista dos máis pequenos. Picade na imaxe para abrilo.


OS COMEFROITAS NECESITAN AXUDA!




Acaban de chegar noticias dos Comefroitas e pídennos axuda! Picade aquí para escoitalos con atención.
Listos para axudalos? Mans á obra!
Para preparar unha foto divertida comendo froita, podemos buscar inspiración en internet. Mirade aquí.
Cando teñades o prato preparado, facédelle unha foto e mandádella á profe, que imos montar un xogo de adiviñas cando estén todos listos. Teremos que adiviñar que froitas se empregaron para preparar cada prato. Como cadaquén sabe as do seu, para non esquecelas, podedes apuntalas aquí ou en calquera papel, libreta...(con todas faremos o Solucionario do Xogo de Adiviñas dos Comefroitas).

martes, 14 de abril de 2020

CONCURSO DEBUXO CONCELLO RIBADUMIA

Picade na imaxe para ler as bases deste concurso de debuxo que convoca o Concello de Ribadumia. Animade as vosas fillas e fillos a participar! Un debuxo = un agradecemento.



E CHEGOU O TERCEIRO TRIMESTRE





Comezamos o terceiro trimestre e imos organizar o que facemos todos os días no cole cando chegamos para poder facelo na casa.

- Miramos quen é o encargado. Desde a casa vainos tocar todos os días selo. Pero xa sabemos o que temos que facer, verdade? 

- Calendario. Temos que ter diante un calendario do mes de abril de 2020. Se non tedes, picade aquí. Riscamos os días que xa pasaron ata chegar ao 14, que o rodeamos. Cada día rodeamos o seguinte e riscamos o anterior. Comezamos contando en alto desde o día 1 ata chegar ao día que estamos 14. Hoxe é día 14. E como se escribe? Un 1 e un 4. Despois miramos que día da semana é: martes. Os sábados, domingos e festivos poñemos unha pegatina vermella (ou coloreamos). Miramos tamén en que estación do ano estamos e o ano. Cantamos/dicimos en alto os días da semana e os meses do ano.

- O Tempo. Miramos por unha ventá o tempo que fai hoxe: sol, nubes con sol, choiva...

- Aquí temos o calendario que usamos no cole (3,4,5 anos) para descargar. Buscamos o lugar onde corresponde poñer a data, escribimos o número e debuxamos o tempo.

- Cantamos a canción do Abecedario e lembramos as letras. Aquí tedes o que empregamos no cole.

- Aquí temos a lista de aula. Buscamos o noso nome e dicimos en alto o dos compañeiros e compañeiras. 
3 anos: escribimos o noso nome e contamos as letras que ten. 4 anos: escriben tamén o número de letras ao lado do nome. Cada día elixen un nome diferente da lista de aula para escribir o nome en maiúsculas e contar as letras. 5 anos: escriben tamén o número de letras ao lado do nome. Cada día elixen un nome diferente da lista de aula para escribir o nome en minúsculas e contar as letras.

- Aquí tedes o Abecedario e a recta numérica para imprimir.

Se non tedes posibilidade de imprimir, podedes facelo oralmente e/ou escribir nunha libreta/folio que teñades na casa. Ao mellor así explicado parece un pouco complicado pero eles vanvos axudar. Saben moito máis do que pensamos! Se tedes calquera dúbida, mandade un correo electrónico.

luns, 13 de abril de 2020

ESTE NIÑO ESTÁ EN LA LUNA






Imos ao Planeta das nubes riseiras da man de Lucas, o protagonista deste conto cheo de poesía e música. Podedes escoitar o resto das cancións picando aquí. Que planeta vos gusta máis? Que outros planetas poderíamos inventar? Atrevédesvos a debuxalos?

No Planeta Monstruito de Martín viven
moitos insectos, caracois, cempés...