No Faro de Vigo viña unha noticia que falaba dun rodaballo de doce quilos. Nas fotos víase enorme. Mercárono para cociñar nun restaurante e aínda sacaron unhas cantas racións. Pero os xigantes da ría tamén son polbos de 7 quilos, un bogavante de 6, unha raia de 29 e un congro de 31 quilos. Quedamos abraiados!
Imaxe: Ricardo Liniers Siri
venres, 14 de xuño de 2019
xoves, 13 de xuño de 2019
O TREN VAI PASAR POLO MEDIO DE VILAGARCÍA
Na prensa vimos unha noticia que nos chamou a atención: o tren vai pasar mañá venres 14 de xuño polo medio de Vilagarcía. Teñen que cortar o tráfico e extremar as medidas de seguridade. Moitos de nós fixámonos nas vías que pasan preto do cine e da zona de ocio e parécenos incrible que vaia pasar o tren por aí. Se queredes velo en directo, pola tarde ten prevista a volta ás 20 horas.
mércores, 12 de xuño de 2019
ALBA REMATOU O ÁLBUM DOS ARROASES
Moitos bocatas de peixe despois, Alba acabou o seu álbum e hoxe recibiu un agasallo dos Arroases. Bravo, Alba, xa es toda unha Capitá Arroaz!
O PREMIO DOS ELECTRECOS
Lembrades cando viñeron a visitarnos Os Electrecos ao cole? Pois ao pouco tempo participamos no Concurso de debuxo dos Electrecos e...sorpresa! Tocounos un dos premios! Unha biblioteca básica dos Bolechas para a nosa clase! Estamos moi contentos e desexando recibir os libros.
luns, 10 de xuño de 2019
venres, 7 de xuño de 2019
SAÍDA DE FIN DE CURSO
O vindeiro luns 10 de xuño faremos a saída de fin de curso ao Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre en Campo Lameiro. Alí realizaremos unha visita guiada á área arqueolóxica e participaremos en varios obradoiros.
Haberá que levar os nenos e nenas ao Local Social de Leiro ás 9:00 e recollelos no mesmo lugar ás 14:00.
- Prégase puntualidade.
- Lembrade deixar a área de aparcamento libre para que poidan entrar e saír os autobuses.
- Levarase de merenda unha botella de auga e un bocadillo nunha bolsa. Poñede, por favor, o nome na botella de auga e por fóra da bolsa.
- Se algún neno ou nena se marea, preguntade na farmacia que poden tomar para evitalo.
- É imprescincible ter a autorización entregada para vir á saída.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




