Imaxe: Ricardo Liniers Siri

luns, 5 de marzo de 2018

O QUE MÁIS ME GUSTA






Cada un ten os seus gustos, diferentes dos demais. Hoxe falamos de cousas que nos gustan e escoitamos as preferencias dos compañeiros. E fixemos o noso átomo de cores: a vermella para a nosa canción favorita, a azul para a comida que máis nos sabe, a laranxa para o noso xogo preferido, a verde para o conto que máis nos gusta ler e a amarela para o nome do xoguete co que máis xogamos. No medio, un círculo pintado da nosa cor preferida e rematamos con dúas pegatinas de cariñas contentas.

domingo, 4 de marzo de 2018

AMIGOS DOS ARROASES. TRABALLAMOS COS DATOS RECOLLIDOS

Ao longo dos meses de novembro, decembro de 2017 e de xaneiro, febreiro de 2018 fomos recollendo datos do Faro de Vigo dos martes e da Voz de Galicia dos mércores. Miramos as noticias onde saían nomes de Amigos dos Arroases e fómolos apuntando na letra do abecedario que lle correspondía a cada un. 
Xa estamos de mes de marzo e chegou o momento de traballar con toda a información que temos. De aquí a final de curso xa vos iremos contando.























mércores, 28 de febreiro de 2018

ESTAMPACIÓNS


XORNADA DE PORTAS ABERTAS 2018



Un ano máis abrimos as portas das escolas do CRA de Ribadumia para as familias con nenos e nenas que comezan o segundo ciclo de Educación Infantil o vindeiro mes de setembro. Comezamos coñecendo a escola na que queremos matricularnos e rematamos a xornada cun contacontos na Sede do CRA, en Leiro. Benvid@s ao voso cole!

A lebre e a tartaruga



xoves, 22 de febreiro de 2018

EU TEÑO UNHA HABILIDADE QUE SE ME DÁ MOI BEN

Hai veces que Draco está triste e pensa que o fai todo mal. No seu camiño atopa unhas toupiñas que lle cantan á súa mellor habilidade: excavar. Pídenlle a Draco que pense nalgo que saiba facer moi ben. Draco pensa e pensa: hai algo que el saiba facer moi ben? Pois claro! VOAR!

Nós tamén pensamos nalgo que se nos dera moi ben e cantamos e bailamos como as toupiñas e Draco para celebralo.